The Beta Band (álbum)
The Beta Band | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Beta Band | ||||
Publicado | 21 de xuño de 1999 | |||
Gravación | 1999 | |||
Duración | 62:02 | |||
Xénero(s) | psicodelia, experimental, pop alternativo | |||
Selo(s) | Regal Zonophone Records, Astralwerks | |||
Producido por | The Beta Band, Chris Allison | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
The Beta Band é o primeiro álbum de estudio oficial da banda escocesa de folktrónica The Beta Band, publicado o 21 de xuño de 1999 a través do selo Regal Zonophone Records. Foi a continuación da súa aclamada recompilación dos seus tres primeiros EPs, titulada The Three E.P.'s (1998). A banda planeou orixinalmente gravar o álbum en catro continentes distintos, pero problemas financieiros reduciron os lugares de gravación; porén, o disco foi gravado en varios lugares. A banda efocou a creación das canciones de varios xeitos, ás veces formando cancións a partir de melodías individuais, ás veces reunindo outras liñas de música, entre outras formas.
O álbum baséase na natureza experimental dos seus EPs, e adoita a ser visto como un álbum particularmente intricado e experimental, con moitas influencias, efectos de son, instrumentación e estruturas de cancións distintas. Baseado máis no ritmo que os lanzamentos anteriores, os numerosos estilos e influencias diferentes incorporados en The Beta Band inclúen psicodelia, hip hop e blues. O vocalista Steve Mason describiu as súas letras no disco acertadas pero sen interese narrativo. A banda tamén gravou un disco extra de ambient con dúas longas composicións, pero decidiu non incluír o disco no lanzamento final.
Tras o seu lanzamento a banda fixo pública a súa pouca satisfacción co traballo, chamándoo "fodidamente horrible",[1] culpando en gran medida ás limitacións de tempo. Tras o seu lanzamento chegou ao número 18 da lista británica de álbums.[2] Os críticos foron favorables con respecto ao álbum, aínda que moitos atopárono particularmente desordeado e decepcionante despois dos EPs. Porén, en anos posteriores varios críticos dixeron que o disco estaba subestimado e loubaron as súas ambicións.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por The Beta Band.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "The Beta Band Rap" | 4:41 |
2. | "It's Not Too Beautiful" | 8:29 |
3. | "Simple Boy" | 2:18 |
4. | "Round the Bend" | 4:56 |
5. | "Dance O'er the Border" | 5:33 |
6. | "Brokenupadingdong" | 4:46 |
7. | "Number 15" | 6:49 |
8. | "Smiling" | 8:35 |
9. | "The Hard One" | 10:06 |
10. | "The Cow's Wrong" | 5:49 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Beta Band - The Beta Band - On Second Thought - Stylus Magazine". web.archive.org. 2017-02-06. Archived from the original on 06 de febreiro de 2017. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "the beta band". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2022-12-17.